jueves. 21.11.2024

O Concello de Xinzo de Limia acaba de anunciar a publicación da listaxe provisional dos resultados da entrevista realizada aos aspirantes do Obradoiro de Emprego Vía da Prata, proposta de inserción laboral que revalorizará o Camiño ao seu paso por Xinzo e Sandiás.

Figuran coma non admitidos os participantes que non se presentaron á entrevista -na listaxe refírese ás iniciais NP- , aqueles que figuran como renuncia -debido a súa falta de interese na oferta- , e os que non cumpren os requisitos especificados.

Tódolos inscritos e inscritas disporán dun día hábil para presentar as alegacións e subsanacións que crean convintes.

Cabe recordar que se ofertan 16 vacantes para postos de xardinería e albanelería, unha praza para o posto de director e outra para o de administrativo, e dúas para a de monitor docente. O alumnado traballador será empregado por un período de nove meses de duración e a xornada completa. Estará baixo a modalidade dun contrato para a formación e a aprendizaxe.

NOTICIAS A LIMIA | Publícanse os resultados das entrevistas para o Obradoiro de Emprego...