O BNG de Xinzo de Limia lanzou a alerta este xoves. “A Xunta afoga Xinzo. A Xunta anunciou que investirá fondos públicos para que un consorcio privado transforme os residuos gandeiros en varios puntos da xeografía galega pero non será na Limia, comarca estratéxica na actividade gandeira e agraria”, din os nacionalistas nunha nota de prensa.
O BNG de Xinzo reaccionou así a un anuncio de Alfonso Rueda, presidente da Xunta, onte no Parlamento. Rueda referiuse na Cámara a unha planta que poderá xerar cada ano máis de 300 xigavatios hora de enerxía limpa e “axudar así a solucionar os problemas de residuos que teñen os nosos gandeiros”, segundo informou a propia Xunta, que non sinalou o lugar onde se levantaría o complexo. No 2019, durante un debate sobre o Estado da Autonomía, o anterior presidente, Núñez Feijoo, anunciara a construción de 4 plantas de tratamento de residuos, unha por provincia. Nunca se construíron.
Desde o BNG de Xinzo, Camilo Vila, voceiro nacionalista, esixe “tratamento preferente para a comarca da Limia en materia de xestión de residuos” e apoio á familias gandeiras e labregas. “Ningún concello limiao pode permitirse perder ningunha familia nin ningún posto de traballo”, subliñan os nacionalistas.
Rueda falou dunha planta, segundo a información da intervención parlamentaria que difundiu a propia Xunta. Mais no BNG de Xinzo avisan que son seis, e ningunha estará na Limia nin tan sequera en Ourense.
Os plans das enerxéticas e o goberno galego (contados pola industria). Ao mesmo tempo que a Xunta informaba do anuncio do presidente galego, as compañías facían, tamén onte, a súa propia comunicación. Así, nunha nota de prensa de Repsol, a petroleira dá conta do proxecto, que “consiste en desplegar progresivamente por el territorio una red de plantas que valoricen los excedentes de purines bovinos, porcinos y avícolas mezclados con una cantidad menor de FORS (fracción orgánica de recogida separada) y RIO (residuos industriales orgánicos) del sector agroalimentario para producción de energía renovable”.
Repsol explica que “una vez obtenidas las preceptivas autorizaciones administrativas, las tres energéticas invertirían 146 millones de euros para generar anualmente 300 GWh de energía renovable con 1,2 millones de toneladas de deyecciones ganaderas”; e adianta que “en una fase inicial, las tres energéticas planean construir una primera planta de digestión anaerobia que produzca gas renovable y cinco plantas de pretratamiento asociadas a esta para deshidratar el excedente de purín bovino”.
A primeira planta estaría en Meirama (Cerceda), mentres que as cinco plantas de pretratamento “se repartirían, en una primera fase, por municipios de la misma provincia coruñesa y de Lugo, de acuerdo con una distribución fundamentada en el mapa gallego de explotaciones ganaderas”.
Di a industria da enerxía que nesta primera fase “se tratarían anualmente 1.240.000 toneladas de purines excedentarios y se producirían, amén de fertilizantes orgánicos y CO2 neutro, unos 300 gigavatios hora (GWh) de biometano que se inyectarían a la red de gas natural”.
Máis adiante, a intención dos socios é ampliar o proxecto a todo o país, “implantando una red centralizada de tratamiento de los excedentes de deyecciones ganaderas”.
No BNG de Xinzo advirten que comezarán “de xeito inmediato” unha rolda de contactos para buscar apoios no eido institucional en todos os niveis da Administración.