jueves. 21.11.2024

obrigatoriedade de dar de alta os galiñeiros "da casa" vén recollida no Real Decreto 637/2021, que establece as normas básicas de ordenación das granxas avícolas. Se ben non se poden comercializar ovos, carne, ou calquer outro produto, si deben formalizar o rexistro e contar cun especialista veterinario de referencia.

Un requisito que está causando moita confusión; motivo polo que Camilo Vila, voceiro do Bloque Nacionalista Galego en Xinzo lle esixe ao Goberno municipal que axude á veciñanza cos trámites. Neste senso, Camilo Vila aféalle ao grupo de Goberno "estar máis pendente de sacar fotos e lucirse nos actos ca de anticiparse ós problemas e, como mínimo, resolverllos á xente".

A obrigatoriedade de legalizar as explotacións avícolas de autoconsumo comezou co inicio do ano. "A veciñanza con galiñeiro debe afrontar un trámite para o que non foi debidamente informada e para o que non está sendo acompañada", sinala o voceiro nacionalista mentres acusa ao grupo de goberno municipal de "abandonar á xente de novo".

galiña
Os galiñeiros para autoconsumo non deben superar os 30 animais.

Oficina da xente

O BNG levará ao Pleno municipal "unha cuestión que se está convertendo en urxente en tanto que o seu incumprimento provocará sancións". Camilo Vila subliña que "non se ten en conta nin á xente maior que non ten competencias dixitais nin á xente que non está afeita ós trámites gandeiros".

Logo de acusar ao Concello de desatender á veciñanza, lembra que o BNG propuña crear "unha Oficina da xente para resolver este tipo de necesidades" e ofrécelle á veciñanza a colaboración de todo o seu equipo para "axudar a quen o precise cos seus trámites, que son gratuítos"

NOTICIAS XINZO | O BNG solicita ao goberno municipal axuda á veciñanza co rexistro dos...