jueves. 21.11.2024

Baixo o título "Implicación Familiar e Participación Social nas Comunidades de Acollida" o Concello de Xinzo de Limia pon en marcha un seminario que busca promover a integración e a colaboración intercultural entre a veciñanza do municipio, facendo fincapé no valor esencial da diversidade cultural para a creación de sociedades máis igualitarias. 

 

Dirixido a toda a poboación, as xornadas buscan non só informar, senón crear un espazo de aprendizaxe compartida entre profesionais, alumnado e cidadanía, abordando a realidade intercultural con compromiso e apertura. O obxectivo é fomentar unha convivencia saudábel promovendo unha comprensión máis profunda da diversidade cultural que define a sociedade actual

 

O Concello está a traballar para fortalecer os lazos sociais entre veciños, promover o respecto mutuo e abrir novos camiños para o entendemento entre comunidades de diferentes orixes.

O seminario, que se celebrará os venres e sábados de novembro, ofrece formación en distintas áreas relacionadas co desenvolvemento persoal e social a través de diversas conferencias. Será necesario facer unha inscrición previa para participar e obter o diploma acreditativo da asistencia. 

 

A diversidade cultural enriquece a sociedade

A concelleira de Servizos Sociais e Igualdade de Xinzo, Ángeles Martínez, sinala que este seminario representa un paso máis cara a unha sociedade de acollida integradora e cohesionada. Como destaca a edila: "O Concello está a traballar para fortalecer os lazos sociais entre veciños, promover o respecto mutuo e abrir novos camiños para o entendemento entre comunidades de diferentes orixes".

202411 Seminario implicación familiar e participación social nas comunidades de acollida, Xinzo de Limia-USC
O seminario celebrarase ao longo de todo o mes de novembro no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Xinzo.

O evento conta coa colaboración da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Alexandre Sotelino Losada, profesor da USC, será o coordinador académico e José Losada Enríquez, educador social do Concello de Xinzo de Limia, encargarase da coordinación técnica. Terá lugar ao longo de todo o mes no Salón de Plenos da Casa Consistorial de Xinzo, organizado en varias sesións durante os días 8, 9, 15, 16, 22 e 23 de novembro. Consulta aquí o programa completo.

NOTICIAS XINZO | Comprender a importancia da diversidade cultural como valor esencial...