viernes. 22.11.2024

A Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo estreará o sábado unha nova formación de música tradicional. Tarde Piache daráse a coñecer aos limiaos na Casa da Cultura cun concerto ás 20:00 horas, que será tamén o inicio da programación de Nadal na vila.

 

"Dentro da Escola xa temos formacións como a Banda, na que se fan cousas máis modernas, polo que Tarde Piache estará centrado no máis tradicional", explica Xoán Losada, o director musical desta nova formación. Todo o mundo, os máis experimentados e os que non o son tanto, terán un oco nesta novas sección que nace en Xinzo.

Este novo proxecto inicia o seu camiño "con moita ilusión" e cunha visión "diferente que une á xente da Banda e a outra que está noutras formacións e que pode ter menos nivel", engade Losada. Tarde Piache será unha formación de "nivel medio" ao estar enfocado en música tradicional, máis sinxela de interpretar. Para o futuro, non descartar incorporar colaboracións puntuais con acordeóns ou con saxofóns en pequenos concertos. "Sempre intentaremos ter algún invitado para que todos teñan un punto diferente", apunta Losada.

Ademais desta novidade, a Banda de Gaitas tamén tivo cambios durante este ano, xa que se incorporou unha nova sección de vento-metal nela.

NOTICIAS XINZO | A Escola de Gaitas e Percusión estrea nova formación, Tarde Piache