jueves. 21.11.2024

A Asociación Cultural Civitas Limicorum mantén aberto o prazo para o concurso de carteis da XXIII Festa do Esquecemento deste ano, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de agosto. As propostas pódense presentar ata o 28 de abril, cando finalice o concurso para decidir cal será a imaxe representativa deste evento declarado Festa de Interese Turístico Local.

As persoas que queiran enviar un deseño terano que facer en formato A3 e de técnica libre, que deberá ser presentado sobre un soporte ríxido que facilite a súa exposición. Ademais, estará acompañado dunha copia dixital en PDF, PNG ou JPG. O traballos reflexarán a esencia da Festa do Esquecemento, destacando a recosntrución histórica e a vida do campamento.

Unha vez pechado o prazo de recepción de traballos, os que participen no concurso publicaranse nas redes de Civitas Limicorum para sometelos a votación popular dende o 1 de maio ao 2 de xuño. Posteriormente, un xurado escollerá a proposta gañadora entre as mellores elexidas polo público. O deseño que representará á Festa do Esquecemento deste ano daráse a coñecer o 30 de xuño a través das redes sociais e na páxina web do evento.

Os participantes deberán enviar os traballos nun correo electrónico a [email protected], onde se engadirán datos como o nome, enderezo e un número de contacto, pero tamén unha copia do DNI e unha declaración xurada que se pode obter nas bases do concurso aquí. O autor da proposta gañadora recibirá 300 euros como premio.

Información do concurso para elexir cartel do Esquecemento.
Información do concurso para elexir cartel do Esquecemento.

NOTICIAS XINZO | O Esquecemento busca o cartel que represente á edición deste ano