17 de agosto de 2022, 13:32
Cun só ferido leve saldouse o aparatoso accidente que se rexistrou este mediodía, cara as 12:00 horas, na localidade de Piñeira Seca, no Concello de Xinzo de LImia.
O sinistro, que mobilizou ata o lugar ás emerxencias sanitarias e a unha patrulla da Garda Civil de Tráfico do Destacamento de Verín, produciouse cando un dos automóbiles invadiu a calzada pola que circulaba o outro. Os dous remataron envorcados na cuneta. Malia a aparatosidade da colisión, só un dos ocupantes precisou ser trasladado ata o Punto de Atención Continuada de Xinzo de Limia, aqueixado dunha lixeira dor en peito e brazo.