domingo. 22.12.2024

O equipo liderado por Marcos Nogueiras, de Vilar de Santos, conseguiu relanzar ó Bloque Nacionalista Galego na comarca da Limia e de Arnoia en apenas dous anos. 

Uns resultados electorais á alza e, sobre todo, unha ampliación sobresaínte nas bases e militancia, son os principais avais para unha liña de traballo que foi renovada por unanimidade. Xunto a Nogueiras, serán vicerresponsables comarcais Mirian Opazo (Xinzo de Limia) e Vanessa García (Xunqueira de Ambía). 

O BNG ostenta neste momento a alcaldía de Allariz, Vilar de Barrio e Vilar de Santos, goberna en bipartito en Maceda e ten edís na práctica totalidade de concellos da área dos ríos Limia e Arnoia. 

Asamblea do BNG en Xinzo de Limia.
Asamblea do BNG en Xinzo de Limia.

 


O traballo de Marcos Nogueiras e o seu equipo ten sido especialmente notable nos concellos onde o BNG non contaba con implantación. Grazas ó seu traballo, a organización política conseguiu representación en Porqueira, Sarreaus e Baltar. O protagonista resúmeo así "a veciñanza deses concellos onde non estaba o Bng necesitábao e demandábao por iso imos seguir ampliando o traballo precisamente alí". 

Así as cousas, Marcos Nogueiras e Mirian Opazo representarán ás comarcas do centro ourensán no Consello Nacional do BNG xunto con Crisitina Cid, alcaldesa de Allariz.

NOTICIAS XINZO | Marcos Nogueiras catro anos máis