sábado. 23.11.2024

A Federación de Comercio de Ourense, coa colaboración da Asociación ProLimia, sorteará na tarde deste xoves varios premios entre os clientes do comercio local de Xinzo. En total, sortearanse 1.000 euros en tarxetas prepago para mercar nestes establecementos. Os gañadores coñeceranse ás 20:00 horas na Praza Maior.

Participar é sinxelo, só hai que canxear un dos xustificantes das compras en establecementos do comercio local feitas dendo o 15 de setembro ata este día 21. As persoas que os teñan, recibirán un boleto para participar no sorteo de catro tarxetas prepago de 100 euros e dúas de 300.

A carpa da Federación de Comercio de Ourense comezará a canxear boletos a partir das 18:00 horas e, para acompañar, haberá regalos e animación cun DJ. A entrega de premios será presencial e unha soa persoa só poderá gañar unha vez.

NOTICIAS XINZO | Mercar no comercio local pode ter un premio de ata 300 euros