Este mércores presentábase no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia a cuarta edición do concurso de embelecemento de balcóns e xanelas: "Xinzoenflor". En dito acto participaron Amador Díaz, alcalde do municipio, Ricardo Sieiro e Cristina Campero, quen lle explicou ós asistentes as bases do concurso, as cales serán as seguintes.
Obxectivo
Premiar a aquelas persoas polo embelecemento dos seus balcóns e xanelas aportando ó mesmo tempo mellora da calidade ambiental e estética , tanto na vila como nos pobos, así coma o esforzo e interese da cidadanía por coidar espazos públicos.
Pariticipantes
A participación está aberta a toda a cidadanía do concello de Xinzo de Limia.
Inscrición
Entregarase o impreso de solicitude de participación debidamente cuberto con todos os datos por calquera dos seguintes medios:
- Descargándoo da web do Concello (www.xinzodelimia.gal) e enviándoo por correo electrónico ao enderezo: [email protected]
- Presencialmente nas dependencias do Concello (1º andar en INFORMACIÓN).
- O prazo de inscrición rematará o luns 31 de agosto de 2023 ás 23:59h.
- Repartirase unha planta por vivenda por rigorosa orde de inscrición, ata fin de existencias.
Criterios de valoración
Premiarase o balcón ou xanela máis bela, para iso, débense usar plantas vivas como elementos ornamentais e deben ser visibles dende a rúa polo xurado.
As persoas participantes terán liberdade para embelecelos, pero sempre respectando a contorna (vivendas doutros veciños, rúa...) e garantindo a seguridade.
Valoraranse os seguintes aspectos:
-
Orixinalidade e creatividade da composición.
-
Calidade ornamental.
-
Harmonía e deseño do conxunto.
-
Laboriosidade.
Premios
Haberá dous premios para cada unha das seguintes categorías:
Xinzo Vila
- 1º premio: bono de 150 euros.
- 2º premio: bono de 100 euros.
Xinzo Pobos
- 1º premio: bono de 150 euros.
- 2º premio: bono de 100 euros.
- Os bono téñense que utilizar nos comercios de prantas de Xinzo.
- O fallo do xurado terá lugar o venres 15 de setembro.
- As persoas participantes serán avisadas con antelación da data e hora da entrega dos premios.
Xurado
O xurado do presente concurso estará integrado por un representante de cada grupo municipal, e por 3 veciños que queiran participar na deliberación, de non haber voluntarios, solicitarase a presencia dun xardineiro titulado. Visitarán os balcóns e xanelas adornadas con flores e plantas durante o mes agosto co fin de premiar ao conxunto ornamental máis belo.
Compromiso
- O Concello notificará directamente ás persoas gañadoras por teléfono e publicará os nomes na web municipal.
- Coa inscrición acéptase permitir a divulgación das imaxes dos balcóns e xanelas participantes.
- Esta inscrición implica a aceptación das bases do concurso, así como da decisión do xurado.