viernes. 22.11.2024

A Escola Municipal de Gaitas e Percusión de Xinzo de Lima será a anfitrioa e organizadora da primera fase do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, que terá lugar na vila o 25 e 26 de marzo de 2023. Esta fase é previa á final, na que a Banda de Gaitas de Xinzo xa participou con anterioridade, e contará con varias actividades ao longo dos dous días.

O 25 de marzo, a xornada comezará ás 12:00 horas cun acto oficial para inaugurar o certame cunhas exposición de instrumentos e material didáctico na Casa da Cultura. Este primeiro día continuará cunha mesa redonda e coloquio interactivo titulado "Pasado, presente e futuro das bandas de gaitas na Península Ibérica".

Pola tarde, terá lugar o concurso que se dividirá de catro formas. Unha primeira de cantareiras; outra con parellas -solistas- de gaita, galega ou asturiana, e de percusión tradicional; a terceira será de cuartetos ou quintetos con gaite a percusión; por último, serán os corpos de percusión de banda.

A xornada rematará cun relatorio de melodías tradicionais castelá-leoneses musicado por Carlos Beceiro e Luis Antonio Pedraza (La Musgaña). O domingo 26 terá lugar a clausura desta primeira fase do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.

NOTICIAS XINZO | A vila acollerá a primeira fase do Certame Celtibérico de Bandas de...