viernes. 22.11.2024

O Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama pon a disposición das mulleres limiás un servizo de transporte, totalmente gratuíto, que as levará ata a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade en Ourense, onde poderán facer un control preventivo cunha mamografía.

Este transporte facilitará ás mulleres o acceso á Unidade de Exploración Mamográfica, ubicada en Ourense, para realizar unha proba que sirva de cribado. No Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama participan as mulleres de 50 a 69 anos, ás que se lles ofrece unha mamografía de xeito gratuíto cada dous anos. As que viven en lugares afastados, como é o caso de Xinzo, teñen a posibilidade de aproveitar este medio de transporte para ir ata Ourense e non perder a oportunidade de someterse a esta proba.

O autobús fará paradas en varios puntos da localidade hoxe e os días 11, 12, 13, 14 e 18 de abril. A ruta que fará e os seus horarios, é a seguinte:

  • Gudín na parada de autobús, ás 7:15 e ás 11:00 horas.
  • Ganade no centro social, ás 7:35 e ás 11:20 horas.
  • Morgade no centro social, ás 7:50 e ás 11:35 horas.
  • Piñeira Seca na parada de autobús, ás 8:05 e ás 11:50 horas.
  • Xinzo na estación de autobuses, ás 8:20 e ás 12:05 horas.

NOTICIAS XINZO | As mulleres limiás dispoñen dun bus para facer unha mamografía en Ourense