Camilo Vila, voceiro do BNG de Xinzo de Limia; Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense e Iago Tabarés, Deputado do BNG no Parlamento de Galiza, xunto a concelleiros, concelleiras e alcaldes da comarca, compareceron ante os medios para avaliar os orzamentos consignados á comarca dende a Xunta de Galiza e a Deputación de Ourense.
"Dende o BNG consideramos que o PP ,unha vez máis, continúa neste maltrato, nesta discriminación cara a comarca da Limia" declarou Camilo Vila, que definiu á comarca da Limia coma "unha comarca punteira tanto no sector agrogandeiro como noutros sectores económicos como ten demostrado nas últimas décadas". Para o voceiro nacionalista de Xinzo Limia a publicación dos orzamentos da Xunta, como os anuncios feitos dende a Deputación, deixan a comarca da Limia nunha situación que non lle corresponde e non están dispostos a que isto suceda, razón pola cal afirmou que dende o BNG da comarca xa están traballando "decidida e valentemente nunha proposta que amerita á xente desta comarca".
Para Iago Tabarés os orzamentos da Xunta de Galiza acreditan a existencia dun goberno do Partido Popular esgotado e sen proxectos novidosos para o País, sen proxectos novidosos para a provincia de Ourense e sen proxectos novidosos para a Limia. Unha comarca, sinalou Tabarés, con problemas en atención sanitaria, problemas na atención xudicial, ausencia de médicos, pediatras, ausencia de enfermeiras, ausencias de matronas, que ten que compartir con outros centros de saúde como o de Monterrei e da comarca de Celanova. Problemas de Pediatría como os que xa denunciou Camilo Vila desde o BNG de Xinzo, e como xa denunciou e constatou a CIG existen problemas en xustiza onde nin se sustituen ao profesionais que están de baixa.
E sobre todo hai unha falta de aposta nos orzamentos da Xunta polo sector produtivo e estratéxico como é o sector agrogandeiro na Limia. "A Limia é unha potencia agrogandeira en todo o País e aínda estamos agardando por ese plan estratéxico, resultado da Mesa da Limia, ausencia tanto da presentación da proposta como da súa implementación orzamentaría"
Por todas estas carencias, sinalou o deputado no Horreo, "iniciaremos un proceso de interlocución coa sociedade para dotar a esta comarca dos orzamentos que o seu futuro merece. Porque A Limia e a Galiza interior tamén ten futuro".
Orzamentos provinciais Plan Único
Bernardo Varela, voceiro do grupo provincial do BNG na Deputación de Ourense, valorando a proposta de Plan Único que lle presentou o presidente da Deputación sinalou que o grupo nacionalista na no ente provincial observa moita eivas.
No caso concreto da Limia, di Varela, a proposta de Plan Único do BNG ascendía, para os once concellos que compoñen esta comarca, 2.672.364 €, porén a proposta do PP quedase en 1.571.177€, é dicir un millón cen mil euros menos, case que a metade da proposta que traía o BNG para este Plan Único. Un Plan Único que o BNG sigue propondo que esté dotado de 25.000.000€, fronte aos 14 millóns que propón o PP.
"Entendemos que os concellos desta provincia, e sinaladamente os concellos da Limia, merecen máis capacidade de actuación para garantir o benestar da súa veciñanza e iso vai ligado a esta dotación económica". Manifestaou o voceiro provincial que a continuación sinalou "a modo de exemplo, coa proposta do BNG o concello de Xinzo estaría financiado con 450.000€ fronte a proposta do PP que a reduce a 258.856 €"
Para o BNG esta dotación non é suficiente e queda moito camiño por percorrer , aínda que se valore que por fin haxa un plan baseado en criterios obxectivos, así e todo defendemos que aínda pode ser moito máis , porque as nominativas van a seguir ser moi importantes no ente provincial os vindeiros anos.