martes. 03.12.2024

Durante a sesión plenaria de carácter extraordinario e urxente celebrada este mércores no Concello de Xinzo de Limia, aprobouse o pago de facturas atrasadas por un importe total de 367.000 euros.

O punto saíu adiante sen os votos a favor da oposición, que decidiron absterse. Mercé a esta medida proposta polo Goberno de Xinzo, aqueles proveedores e pequenas empresas que teñen facturas pendentes de cobro do Concello, algunhas dende o ano 2020, recibirán por fin o seu pagamento.

Segundo o alcalde Amador Díaz, preténdese "que non se garden facturas no caixón e que as empresas poidan cobrar pronto ó tratar co Concello de Xinzo". Durante o pleno, a interventora tivo a oportunidade de explicar os pormenores do recoñemento extraxudicial de crédito, que é a figura empregada para poñer fin a estes impagos.

NOTICIAS XINZO | O Concello ponse ao día cos pagos pendentes, algúns do 2020