miércoles. 02.04.2025

A Escola Infantil A Galiña Azul de Xinzo de Limia ten aberto o prazo de inscrición para o curso 2025-2026, destinado a familias con nenos e nenas en idade de educación infantil.

O período de solicitude estará vixente ata o 4 de abril de 2025, e as persoas interesadas poden formalizar a matrícula de dúas formas:

– De maneira presencial na propia escola infantil

– A través da sede electrónica da Xunta de Galicia

Así mesmo, para calquera dúbida ou aclaración, pódese consultar a información dispoñible na web do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, entidade que xestiona a rede de escolas infantís públicas.

Tamén se ofrece atención directa no teléfono 988 461 049 ou a través do correo electrónico escolainfantil.xinzodelimia@igualdadebenestar.org.

Desde o Concello de Xinzo de Limia anímase ás familias a informarse e a aproveitar este recurso educativo esencial para a conciliación e o benestar da infancia.

NOTICIAS XINZO | Aberto o prazo de inscrición na Escola Infantil A Galiña Azul para o...