jueves. 21.11.2024
Incluír na RPT ao persoal indefinido ou interino

Positivo avance da CIG e Concello de Xinzo na negociación dos postos de traballo

O Sindicato da Confederación Intersindical Galega (CIG) celebrou unha reunión co Concello para abordar o organigrama da Relación de Postos de Traballo (RPT) de todo o persoal interino ou indefinido desta institución pase a ser fixo. 

 

Dende este sindicato, que conta coa maior representación neste concello, informan que pretenden seguir coa negociación porque o Concello prevé incluír na RPT a todos os traballadores. Asimismo, declaran que aínda falta que dende a casa consistorial "presenten o resto das propostas: denominación de postos, categorías, fichas, salarios e sistema de provisión". 

 

Unha vez que a  Confederación Intersindical Galega reciba toda a documentación pasarán a convocar reunións de traballadores por servizos para analizar cada ficha do posto (as clasificacións, soldos asignados, etc.)

 

Dende a CIG afirman que o seu obxectivo é "aprobar unha RPT para que todo o persoal que sexa indefinido ou interino do Concello de Xinzo pase a ser persoal fixo". Tamén, aprobaron a creación de dúas bolsas de emprego, unha para axuda no Fogar e outra para oficiais de primeira albanelaría. Ademais disto, solicitan a creación dunha terceira bolsa de emprego para os servizos de limpeza viaria e brigadas

05_01
Casa do Concello de Xinzo de Limia.
Positivo avance da CIG e Concello de Xinzo na negociación dos postos de traballo