jueves. 21.11.2024

Convócase, mediante decreto de alcaldía de 24 de abril, un novo proceso selectivo para a contratación de un auxiliar de axuda no fogar, tras deixar sin efecto a anterior convocatoria para a mesma praza.

Trátase da cobertura dunha praza en interinidade, mediante contratación laboral, ao fin de cubrir a baixa por incapacidade temporal dunha traballadora.

Segundo o acordo firmado pola alcaldesa, Elvira Lama, deixouse sen efecto a anterior convocatoria e procédese a un novo procedemento, con motivo nun informe de secretaría que apunta que “(...)Habendo tido coñecemento esta Secretaría de que debido a unha confusión deuse información errónea en canto á presentación de DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA de méritos a algunhas aspirantes á praza de auxiliar de axuda no fogar convocada por Decreto de Alcaldía de data 05/04/2021 e habendo xa transcorrido o prazo de presentación de documentación, consideráse que o máis consonte coa seguridade xurídica é deixar sen efecto esta convocatoria e realizar nova convocatoria."

Ao empregarse esta fórmula (anulación) trátase, por tanto, dunha convocatoria completamente nova, polo que podrán presentarse novos aspirantes, que non se tiveran presentado na anterior.

Os candidatos á praza deberán aportar a documentación acreditativa dos seus méritos ou, de remitirse a documentación xa no poder de la administración municipal, indicar o proceso selectivo ou concretar a documentación referida e o expediente donde se atopa ésta.

Pódese leer o anuncio da convocatoria aquí.

Vólvese convocar a praza de auxiliar de axuda no fogar, tras deixar sen efecto a...