O Concello de Xinzo de Limia foi premiado na Gala de Resucitación Cardiopulmonar 2024, celebrada recentemente na Coruña, no marco do VII Congreso Nacional do Consello Español de Resucitación Cardiopulmonar (CERCP).
Este galardón recoñece o traballo exemplar realizado durante o Entroido 2024, especialmente pola implementación do avanzado Plan de Autoprotección (PAU) e a presenza da Furgoneta Violeta, un espazo seguro que profesionaliza o enfoque en igualdade e prevención de violencias. Acudiron recollelo os concelleiros Ricardo Sieiro e Ángeles Martínez.
O premio, que reforza o compromiso de Xinzo coa seguridade cidadá, súmase a outros importantes recoñecementos obtidos este ano, como a Flor de Honra no certame Vilasenflor, que destaca a mellora estética e medioambiental das vilas, e o premio nacional ao mellor proxecto gastronómico, pola posta en valor da tradición e a innovación culinaria local, a través do Concurso de Patapas.