No próximo pleno, o venres, 11 de xuño ás 9:30 horas, o Concello de Xinzo de Limia prevé aprobar a eliminación da taxa do lixo do ano 2020 a todos os autónomos e comerciantes da vila que sufriron as consecuencias da crise derivada pola Covid - 19. Este suplemento do crédito ten unha dotación económica de 100.000 euros. Unha vez analizadas as solicitudes dos interesados, procederase a devolución do importe que teñan pagado no exercicio anterior.
Este Goberno local xa anunciou medidas de choque para axudar este colectivo. A última foi no mes de marzo, a cal deixou un remanente importe de 54.200€. Agora, con esta última medida, o que se pretende é paliar as consecuencias da crise económica.
O concelleiro de Promoción Económica, Manuel Pérez, afirma que "os autónomos en xeral e aqueles que se dedican ao sector do comercio en particular, son un pilar básico na vila que o están pasando realmente mal. Con este suplemento de crédito queremos axudalos a saír adiante e sortear así unha crise que está sendo moi cruente para eles".