viernes. 18.10.2024

O Concello de Xinzo de Limia convoca a toda a cidadanía a participar no "5º Concurso de Embelecemento de Balcóns e Xanelas XINZOENFLOR 2024". Este concurso ten como obxectivo principal premiar os esforzos dos veciños e veciñas polo embelecemento dos seus balcóns e xanelas, contribuíndo así á mellora da calidade ambiental e estética da vila e dos pobos. Esta iniciativa tamén busca fomentar o interese da cidadanía por coidar os espazos públicos.

Participantes

O concurso está aberto a todos os habitantes do concello de Xinzo de Limia.

Inscrición

Para inscribirse, os participantes deben entregar o impreso de solicitude cuberto cos seus datos a través de calquera dos seguintes medios:

  • Descargándoo da web do Concello (www.xinzodelimia.gal) e enviándoo por correo electrónico ao enderezo: [email protected].
  • Presencialmente nas dependencias do Concello, no primeiro andar en INFORMACIÓN.

 

O prazo de inscrición rematará o luns 29 de xullo de 2024 ás 23:59h. Repartirase unha planta por vivenda por rigorosa orde de inscrición, ata fin de existencias.

Ábrese o prazo de inscrición do quinto concurso "Xinzo en flor"