A curva de contaxios na sexta onda da covid-19 segue disparada en Xinzo da Limia con 78 casos positivos máis desde o venres, e un incremento do 60% a respecto dos casos que se rexistraban hai unha semana, o primeiro luns de xaneiro. No conxunto da comarca, o número de contaxios anotados alcanza os 477. Son 110 máis que o venres. Por concellos, só Trasmiras rebaixa a cifra, hoxe ten 14 casos, un menos; mentres en Calvos de Randín mantense o número, hai 3 casos.
Así están os rexistros:
• Baltar: 16 (+5)
• Os Blancos: 17 (+4)
• Calvos de Randín: 3
• Porqueira: 8 (+3)
• Rairiz de Veiga: 13 (+4)
• Sandiás: 20 (+5)
• Sarreaus: 19 (+4)
• Trasmiras: 14 (-1)
• Vilar de Barrio: 8 (+3)
• Vilar de Santos: 10 (+5)
• Xinzo da Limia: 349 (+78)
A maior subida rexistrouse en Vilar de Santos, cinco casos máis, que dobran a cifra. Ademais de Xinzo, por vez primeira nesta sexta onda hai outros sete concellos en dobres díxitos.
Esta tarde realizarase o primeiro cribado masivo con test de antíxenos dos previstos para esta semana. Haberá outros dous, o mércores e o venres, en horario de tarde e na Casa do Concello.
Dado que a cota de citas esgotouse o sábado en apenas unhas horas, o SERGAS valora a posibilidade de ampliar os cribados á próxima semana.