martes. 26.11.2024

As variacións son mínimas este xoves a respecto de onte no número de casos activos de covid-19 na comarca da Limia. A cifra global baixa até os 362, catro menos que o mércores e 22 menos que o martes. Desde o luns, o descenso é dun 10%. A sexta onda parece entrar na fase de meseta, como definiu onte unha responsábel do Comité Clínico da Xunta. 

Mais no conxunto da área de Ourense, entre onte e hoxe produciuse un lixeiro incremento no número de casos activos: 46 máis. Desde o luns, o que houbo foi un descenso en toda a provincia. A expansión da variante ómicron non se detén por si soa. Son as normas de saúde pública as que lle puxeron freo, como lembran hoxe as responsábeis do Centro de Saúde de Xinzo

En Xinzo a cifra aínda non baixou dos 200 casos. Este xoves está moi próxima a ese limiar. Hai 206 rexistros. Pero a capitalidade non consegue recuperar a situación anterior ao día de Reis (o día 5 de xaneiro eran 197 casos activos). No resto de concellos a situación continúa sendo peor que naquelas datas. Agás en Baltar, onde se rexistran hoxe practicamente o mesmo dato.

Vilar de Santos é a excepción na baixada xeral. Volveu aumentar a cifra en dous casos. Están en máximos (26) durante a sexta onda, por riba do xoves da semana pasada, cando marcou o máximo anterior. Mentres, en Sandiás ven como cae a incidencia, e volven estar por baixo dos 30 rexistros. 

Así están os rexistros
BALTAR  (variación =)  10 (activos)
OS BLANCOS  (=)  12
CALVOS DE RANDÍN (-1)  12
PORQUEIRA  (-1)  18
RAIRIZ DE VEIGA (-1)  10
SANDIÁS (-3)  27
SARREAUS (=)  19
TRASMIRAS  (+1) 8
VILAR DE BARRIO (+2)  14
VILAR DE SANTOS  (+2)  26
XINZO DE LIMIA  (-3)  206

CORONAVIRUS A LIMIA |  A curva do numero de casos activos aplana este xoves en toda a...