viernes. 22.11.2024

Nove concellos da comarca da Limia seguen este martes nas cifras de onte luns. A sexta onda da covid declina despois de meses condicionando a vida social e ameazando con volver colapsar o sistema sanitario. Hai no conxunto da comarca cinco casos activos menos que onte; é dicir, un total de 123.

As baixadas producíronse nos Blancos, onde pasaron de 7 a 3, e en Rairiz, de 7 a 6. En Xinzo, o rexistro reflicte o mesmo número que onte: 84. No que atinxe á incidencia, Xinzo ve rebaixadas un chisco as cifras de novos contaxios detectados nos sete días anteriores. Son 41, fronte aos 44 de onte.

En tres concellos non se detectaron casos novos nos últimos sete días: son Baltar, Calvos de Randín e Vilar de Barrio. En Baltar e Calvos levan xa máis de dúas semanas sen novos casos

Así están os rexistros
BALTAR  (variación =) 0 (activos)
OS BLANCOS  (-4) 3
CALVOS DE RANDÍN (=) 0
PORQUEIRA  (=) 4
RAIRIZ DE VEIGA (-1) 6
SANDIÁS (=) 15
SARREAUS (=) 1
TRASMIRAS  (=) 2
VILAR DE BARRIO (=) 6
VILAR DE SANTOS  (=) 2
XINZO DE LIMIA  (=) 84

A respecto do martes da semana pasada, a cifra de hoxe supón unha rebaixa de 59 casos no rexistro comarcal, un terzo menos. En Xinzo a porcentaxe da baixada foi do 31%.

CORONAVIRUS A LIMIA | Un día igual que o anterior, pero un terzo menos nunha semana