A cifra para a comarca é 300. Eses son o número de casos activos a día 1 de febreiro. A sexta onda da covid-19 parou de crecer, mais como adiantaron os expertos o descenso da curva será moito máis suave do que foi o ascenso. Na comarca xa non queda hoxe ningún concello por riba dos 20 casos activos, agás Xinzo.
Para Xinzo, os 200 casos activos son agora o teito. De onte a hoxe o número aumentou moi pouco, dous casos máis. A tendencia á baixada é clara, mais na última semana o descenso foi lento: o martes pasado contábanse 217 casos; sete días despois son 182. Apenas 35 menos.
Con datos de onte, o SERGAS informa a esta hora de que o número de casos novos acumulados nos últimos sete días é de 114; a 14. Na Área sanitaria de Ourense rexístranse 6.129 contaxios activos. No conxunto do país, hai 41 pacientes de covid en UCI, 663 hospitalizados e 60.016 no seu domicilio.
Así están os rexistros
BALTAR (variación -1) 4 (activos)
OS BLANCOS (+1) 14
CALVOS DE RANDÍN (-2) 8
PORQUEIRA (=) 14
RAIRIZ DE VEIGA (-1) 9
SANDIÁS (-1) 14
SARREAUS (-1) 12
TRASMIRAS (-1) 6
VILAR DE BARRIO (=) 19
VILAR DE SANTOS (-3) 18
XINZO DE LIMIA (+2) 182