jueves. 21.11.2024

Xinzo regresa este venres á mesma cifra de contaxios (25) que rexistraba o pasado 1 de decembro. Desde o martes, os casos activos nun día reducíronse en 17 (un 40% menos). A respecto de hai unha semana, a cifra caeu nun 70%. Os 25 casos son a cifra máis baixa do que vai de ano.

En Xinzo, ademais, hai hoxe menos casos activos de covid que no resto de concellos da comarca tomados en conxunto. Na Limia hai 92 contaxios, case a metade (un 47% menos) dos que se anotaban o venres pasado. 

Co anuncio por parte do Ministerio de Sanidade esta semana de que recomendará a retirada da máscara en interiores, salvo nos centros hospitalarios e sociocomunitarios e no transporte público, a partir do 19 de abril, a sexta onda da pandemia parece camiño de se superar.

A estatística de incidencia acumulada a sete e a catorce días subliñan a tendencia. No caso de Xinzo, con datos de onte, os sete días anteriores detectáronse 16 novos contaxios, e 44 nos catorce días anteriores. 

En Porqueira, no período de sete días, hai 15 novos casos, e só un máis no período de catorce días. A incidencia nese concello manterase alta. Onde parece remitir é en Trasmiras. O número de novos casos a sete días baixou dos 10, e a catorce días está en 23. É dicir, leva unha tendencia á baixa. 

Así están os rexistros:
BALTAR  (variación =) 1 (activos)
OS BLANCOS  (-2) 2
CALVOS DE RANDÍN (-2) 6
PORQUEIRA  (+1) 15
RAIRIZ DE VEIGA (+1) 9
SANDIÁS (-5) 8
SARREAUS (-1) 2
TRASMIRAS  (-8) 14
VILAR DE BARRIO (=) 7
VILAR DE SANTOS (=) 3
XINZO DE LIMIA  (-17) 25

En Baltar e Rairiz de Veiga non se rexistraron novos contaxios nos últimos sete días (contados desde onte). Nos Blancos, Sarreaus e Vilar de Santos, outros concellos con cifras moi baixas, aínda se anotaron novos casos nese mesmo período.
 

CORONAVIRUS A LIMIA |  Xinzo pecha a semana nos niveis máis baixos do ano