miércoles. 27.11.2024

A curva da sexta onda da covid leva seis días virando cara arriba na comarca da Limia. En Xinzo, dos 51 casos activos o mércores día 2, pasouse aos 90 este martes. É dicir, un 76% máis a respecto dos que había hai unha semana. E, ademais, a curva de incidencia acumulada volveu tomar dirección ascendente. O SERGAS informa que nos últimos sete días detectáronse en Xinzo 72 novos contaxios.

Xinzo non é o único concello que experimenta un incremento na cifra de contaxios activos. En Sandiás, Vilar de Barrio e Vilar de Santos os rexistros tamén aumentan. En calquera caso, a incidencia segue a ser baixa nos concellos rurais. Apenas suman 36 casos, un terzo menos que en Xinzo, que concentra máis do 70%.

Así están os rexistros
BALTAR  (variación =) 2 (activos)
OS BLANCOS  (-1) 0
CALVOS DE RANDÍN (=) 3
PORQUEIRA  (=) 5
RAIRIZ DE VEIGA (-2) 2
SANDIÁS (+1) 7
SARREAUS (+1) 1
TRASMIRAS  (=) 6
VILAR DE BARRIO (+1) 5
VILAR DE SANTOS  (+1) 5
XINZO DE LIMIA  (+7) 90

Este martes, Sarreaus viu como aparecía un caso novo, co que a súa condición de concello sen contaxios activos apenas durou un día. Hoxe é Os Blancos o concello que está outra vez a cero, mentres que Baltar e Calvos, os outros municipios que chegaron a estar a cero nas últimas semanas, teñen agora 2 e 3 contaxios, respectivamente.

En canto á incidencia acumulada nos sete días anteriores, Baltar, Os Blancos, Rairiz, Sarreaus e Trasmiras presentan os valores máis baixos. O número de casos activos na provincia de Ourense é de 2.381 este martes, segundo informou o SERGAS. O pasado día 2 eran 1.876; é dicir, o incremento na provincia foi dun 27%. 

CORONAVIRUS A LIMIA |  Xinzo alcanza os 90 casos activos este martes, despois de seis...